A MAREA SOLICITA A CONSTRUCIÓN DUN CENTRO DE DÍA

Imaxe

Imaxe

A Marea Cidadá de Noia considera prioritaria dita construcción e entende que é o momento de afrontala a cargo do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia da Xunta.

Dende o grupo municipal da Marea Cidadá de Noia vense de tramitar unha solicitude á Alcaldía, na que se pide ao rexedor noiés que solicite a Construcción dun Centro de Día ao considerar que se cumplen todos os requisitos solicitados no Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia.

Este Plan, sinalan dende a formación local, está acordado pola FEMP e pola Xunta de Galicia e da preferencia aos concellos con menos de 20.000 habitantes, como é o caso do Concello de Noia. Dotado con 18,5 millóns de euros, ten entre os seus obxectivos dotar aos Concellos pequenos e medianos de residencias, Centros de Día, vivendas comunitarias ou centros sociais.

Dende a Marea sinalan que Noia continúa sen Centro de Día a pesar de existir unha demanda continuada ao longo do tempo, e afirman que os veciños e veciñas de Noia son plenamente conscientes da súa necesidade e que non entenden como dende o goberno se mira cara o outro lado.

Por este motivo, dende o grupo municipal da Marea Cidadá de Noia solicitaron ao goberno do PP e do NOIA que tramiten a solicitude para a construcción do Centro de Día ca maior brevidade, e poñan así fin a un dos grandes problemas que ten a poboación noiesa