A MAREA RECLAMA AO GOBERNO CUMPLIR O ACORDO SOBRE POBREZA ENERXÉTICA

Imaxe

A Marea Cidadá de Noia explica que no pleno de novembro chegouse a un acordo na
corporación municipal para frear a pobreza enerxética, ignorado ate hoxe polo goberno.

Dende o grupo municipal da Marea Cidadá de Noia sinálase con asombro a falta de
reacción que está amosando o goberno de Noia ante a subida desorbitada dos presos da
luz e do combustible.

Esta incredulidade aumenta, segundo sinalan dende a formación local, se recordamos
que o pasado mes de setembro alcanzouse un acordo no Pleno da corporación instando
ao goberno a levar a cabo distintas medidas contra a pobreza enerxética, as cales nunca
se levaron a cabo pola inacción do goberno.

Dende a Marea sinalan que algunhas desas medidas terían axudado a atravesar a actual
situación con maior facilidade
para moitas familias, como a creación dun servizo de
información e asesoramento para a cidadanía ante os cortes eléctricos, así como para a
tramitación do Bono social para o consumo eléctrico doméstico, ou solicitar a Deputación
da Coruña a creación dun fondo contra a pobreza enerxética.

Por este motivo, dende o grupo municipal da Marea Cidadá de Noia afirman atoparse
abraiados ante a inacción do goberno nestes últimos meses, e ínstano a tomar medidas
urxentes para facer fronte a unha crise enerxética sen precedentes para a cal decidiu
voluntariamente non prepararse.

Dende a Marea entenden que é nestes momentos nos cales a labor da política é máis
importante ca nunca, á hora de minimizar dentro do posible o sufrimento e a precariedade
de tantas familias.