UN EQUIPO SOLVENTE
PARA
CONSTRUIR
OUTRO FUTURO
Son mestra e traballo na actualidade en Carnota como coidadora. Tamén formo parte de varias asociacións culturais que promoven a música tradicional. Fun tamén traballadora no comercio local e sei das súas carencias e necesidades. Estou na Marea desde que se creou e o tempo e o traballo feito só me confirman que as políticas que queremos desenvolver son as que coidan de nós.
Son administrativa. Estou vinculada a este concello pola miña traxectoria profesional. Vivín a vila desde diferentes campos como o da hostalaría, o xurídico e o comercial. Agora como nai, sei das carencias que existen e Noia non me ofrece o que necesito. Aínda así atopar o que preciso é unha das razóns polas que sigo nesta vila.
Son mariscador, activista ambiental e investigador en literatura LGTBI anglosaxona, membro da Marea dende o principio e secretario de Plademar. Quero protexer o medio ambiente, procurando que Noia estea preparada para os efectos do cambio climático e a escaseza de recursos naturais, nomeadamente conservar a riqueza natural da nosa ría e loitar contra os empresas depredadoras que queren contaminala, como a da Mina de San Finx.
Son traballadora do SAF. Uninme a este proxecto porque me pareceu a única formación política que se preocupaba polos nosos problemas. O tempo non fixo senón darme a razón, pois conseguimos que se vaia comezar co proceso de municipalización do servizo, algo impensábel ata hai ben pouco. Agora toca seguir traballando e loitar para conseguir moitas máis melloras, sobre todo sociais, para o futuro que queremos.
Son médica de familia, e estou na Marea para ter unha vila cuns servizos públicos de calidade, que cubran as necesidades básicas dos que habitamos este concello.
Tengo claro estar en el lugar desde donde se lucha por los cambios políticos necesarios; con la firmeza de sentir que es aquí y ahora donde Noia puede crecer como merece.
Son mestra xubilada e estou na Marea porque confío en poder cambiar e mellorar moitos aspectos da nosa vila e coido que este é o mellor lugar para facelo.
Son técnico de telecomunicacións. Incorporeime á Marea porque creo que busca o
benestar de toda a xente da vila e non só o duns poucos.
Son Mestra na escola pública. Participo en diversos movementos sociais. Quero un concello que conecte as súas escolas co tecido social da vila.
Teño 22 anos e quero unha Noia pensada para a xente nova, unha vila onde se poida estudar, traballar e ter opcións de ocio sen ter que desprazarnos a outros lugares.
Teño 34 anos e unha filla de 3. Decidín unirme a este proxecto para velar polo crecemento presente e futuro da nosa vila.
Teño 22 anos e son xerocultor nun centro de día. Estou na Marea porque quero unha Noia inclusiva, na que os máis novos non teñan que marchar e as persoas maiores poidan desfrutar dela.
Son mariscadora e nai. Éme moi difícil conciliar os horarios da marea coa miña vida familiar. Estou na Marea dende o seu inicio porque recolle as miñas inquedanzas e dáme esperanzas para o futuro.
Son graduado en Económicas e camareiro no restaurante familiar. Participo no proxecto da Marea porque somos garantes de ofrecer políticas para as maiorías sociais.
Son profesor xubilado, sempiterno defensor do ensino público e en galego. Participo na Marea porque entendo que somos a voz que defende o ben común.
Son concelleira e tamén profesora autónoma. Estou na Marea por radicalidade democrática e feminista. Traballo na defensa da igualdade, os coidados e o ben común.
Son camareiro e formo parte da Marea porque quero vivir nun lugar onde todas e todos sexamos iguais en dereitos e deberes.
Son diplomada en relacións laborais, camareira nun hotel e nai. Estou na Marea porque recolle as necesidades máis básicas das persoas e pon os coidados no centro.
Son da Marea de Noia desde a súa fundación. Entrei por necesidade de aire limpo e sigo aquí porque hai un proxecto e unha visión para construír outro futuro para Noia.
DESCARGA O NOSO
PROGRAMA DE GOBERNO