Quen é Amal Azzaoui?

amal

Son Amal Azzaoui, teño 40  anos e vivo en Noia. Comecei estudos universitarios de Lingua e Literatura Francesas no meu país de orixe (Marrocos), pero na actualidade atópome rematando a E S O debido ás trabas burocráticas e aos elevados custes económicos que conlevan as homologacións.

Coke Ordoñez enrolase na Marea

coke

Hola, son Coke Ordoñez, veciño de Barro de 33 anos. Son Técnico Superior en Edificación, delineante e camareiro circunstancial. A Marea Cidadá, fíxome recuperar a fe perdida na política que representan os antigos partidos, e xa dende o comezo, este xeito de entender a política como unha maneira de devolverlla ao pobo, seduciume por completo.

Noelia Estévez forma parte da tripulación da Marea

noelia

Son Noelia Estévez García, teño 29 anos e son de San Lázaro.  Son licenciada en Ciencias Políticas e da Administración e mestrada en Xestión e Dirección Sociolaboral. Mentres me formaba compaxinaba os meus estudos con empregos temporais: enquisadora, azafaifa en eventos, monitora infantil, camareira,… e no que fora xurdindo. Cando rematei, entrei no mercado laboral en plena crise, polo que o meu currículum foi aumentando na mesma liña, traballando en períodos estacionais na hostelería.

Silvia Iglesias embárcase na Marea

silvi

Son Silvia Iglesias Agra, teño 34 anos e vivo no Campo de Noia. Levo traballando preto de 15 anos, son mariscadora parte do ano, e o resto de meses, traballo no que sae, actualmente de dependenta. Estudei dous ciclos, un en administración e outro en comercio.

Coñeces a Manuel Barreiro?

manuel barreiro

Son Manuel Barreiro Mariño. Teño 26 anos e pertenzo á parroquia de Sta. Cristina de Barro. Son licenciado en Historia pola Universidade de Santiago de Compostela, estiven facendo un voluntariado de 6 meses no Departamento de Didáctica do Museo Provincial de Lugo  e actualmente estou a cursar o mestrado en profesorado pola Universidade de Vigo.

Manuel Barreiro ocupa o posto nº 11 na candidatura da Marea

A Marea Cidadá de Noia presenta unha candidatura para abrir as fiestras do Concello e que entre aire fresco

candidatura

Esta mañá a Marea Cidadá de Noia presentou no Claustro do Concello de Noia a candidatura que presentará as vindeiras eleccións do 24 maio. O candidato Manolo Seijas destacou que se trata dunha candidatura que “pretende abrir as fiestras deste edificio para que entre aire fresco”

Unha lista que “pretende representar ao conxunto de veciños e veciñas de Noia que ve moi negro o seu futuro e o dos seus fillos e que están a sufrir os efectos desta estafa, mal chamada crise”

Pola publicación das contas do Concello na web

contas

A Marea de Noia ca súa convicción de transparencia nas administracións públicas considera que calquera veciño ou veciña de Noia ten dereito a saber en que gasta o Concello os seus cartos. Dende a Marea recalcan en que cada euro que sae das arcas municipais debe ser contabilizado polo concello.

A Marea traballa na elaboración do programa escoitando á veciñanza.

veciñanza

A Marea Cidadá de Noia está organizando xuntanzas polas parroquias co fin de elaborar un programa que se axuste a realidade e garantindo a posterior implicación da cidadanía na toma de decisións.

Hoxe mesmo ten previsto ás 21:30 estar no local social de Roo, mañá ás 19:30 en Barro e o Mércores ás 20:30 no Obre. Nel os membros dos grupos de traballo da Marea escoitan activamente ás persoas que se acercan, para tomar nota das súas propostas e debatelas na asemblea  que aprobará o programa electoral co que se presentará as eleccións do 24 de maio.

Manolo Seijas elixido candidato da Marea Cidadá de Noia.

manolo

Na tarde de onte celebráronse as primeiras primarias abertas a cidadanía da historia  do Concello de Noia, nas que podía participar calquera persoa empadroada en Noia maior de 16 anos

O polítólogo Manolo Seijas acadou 80 dos 83 votos emitidos polo que quedou proclamado candidato da Marea Cidadá de Noia ás eleccións do 24 de maio.

Seijas insisitíu en que “ a elección de candidato é un trámite que hai que levar a cabo, mais o importante é o grupo que temos que construír, esa será a verdadeira forza da Marea