Coñeces a Manolo Seijas?

manolo

Son Manolo Seijas, nacín en Outes no ano 1991 e aos dous anos vinme vivir a Noia. Estudei no colexio da Barquiña e  cursei a secundaria na Peña. O Bacharelato fíxeno no IES Campo de San Alberto, e tras pasar a selectividade, decidín poñer rumbo a facultade de Ciencia Política, onde me graduei no 2013.

Chelo: "Precisamos da vosa implicación e colaboración"

chelo

Son Chelo, son de Noia e traballo nesta vila como dependenta. Nos últimos anos, puiden ver  o deterioro da vila, tanto dos nosos espazos naturais e turísticos, como do emprego e mesmo podo palpar como a calidade de vida das noiesas e dos noieses camiña á desaparición.

Súmome á Marea porque creo na necesidade da recuperación da vila de Noia. Implicarémonos na procura de servizos e infraestruestructuras que permitan que a vida en Noia sexa máis confortable e cómoda. Para todo iso contamos co noso esforzo e entusiamo e coa vosa implicación e colaboración.

Xosé Manuel Beiras apoiu a candidatura da Marea Cidadá

candidatura

Nun acto cun Coliseo Noela ateigado de xente pesentouse a candidatura da Marea Cidadá de Noia na que  interviron Santi Avilés, Roberto Iglesias, Silvia Iglesias, Noelia Estévez e Manolo Seijas, Xosé Manuel Beiras foi o encargado de pechar o acto.

Santi Avilés foi o primeiro en intervir, encargouse de explicar a necesidade de que a xente do común se implique en política para romper co actual sistema  que considerou “está apodrecido”

Roberto Iglesias explicou que é e que quere ser a Marea Cidadá de Noia, centrándose na necesidade de devolverlle a política as persoas.

Ramón Carredano súmase a Marea que percorre Noia

chicho

Son Ramón Carredano Silva, teño 36 anos e son mestre de Educación Primaria. Hai doce anos que gozo desta profesión que me permite ler o mundo dende os ollos dos meus alumnos e alumnas. Debido ao necesario compromiso coas xeracións presentes e futuras, a Educación é o meu contexto e pretexto para denunciar os deturpados modos do exercicio democrático e o insuficiente alento político para mudar a situación actual de crise sistémica ( política, institucional, xudicial, democrática, de valores...), así como para reclamar unha maior e mellor calidade na xestión dos nosos recursos.

Estades tod@s convidad@s a presentación da Marea Cidadá de Noia

beiras

O vindeiro Martes 5 de Maio ás 20:30 horas no Coliseo Noela, terá lugar a presentación da candidatura da Marea Cidadá de Noia que contará co apoio de Xosé Manuel Beiras, quén pechará o acto.

Neste acto participarán os membros da candidatura Silvia Iglesias, Roberto Iglesias, Noelia Estévez e Manolo Seijas pra explicar o proxecto que se está a construir.

Lola Caramés: "É a hora do cambio"

lola

Son Lola Caramés, 34 anos, primeiro licenciada en Filoloxía Inglesa, logo máster en Linguas Estranxeiras Aplicadas á Empresa, seguindo como traballadora por conta allea para finalmente emprender o meu propio negocio e así poder decidir que vida quero ter. En teoría. Na práctica búscome a vida para sobrevivir nun país de picaresca no que a igualdade, o mérito e a capacidade son o último que se tén en conta.

Xurxo Louro: "Por un Concello transparente, participativo pero sobre todo con traballo"

xurxo

Son Xurxo Louro, veciño de Barro dende hai 47 anos, levo traballando preto de 25 anos no sector da alimentación. Decidín participar na Marea porque creo que podemos mudar as condición de traballo que estamos a sufrir actualmente froito da crise, e tamén para rematar cos privilexios da caste política que tamén é palpable en Noia.

Creo que entre todos e todas nós temos unha oportunidade de luxo para facer de Noia unha vila transparente, participativa e sobre todo con traballo. Porque creo na miña vila e na miña xente decidín dar o paso e apoiar este movemento de base cidadá.

Socorro Santos: "Ser Marea é recuperar a dignidade"

soco

Son Socorro Santos. Como para min “ser marea” significa recuperar a dignidade, quixen, desde o primeiro momento en que se empezou a artellar esta singradura, participar nela. Aínda que resido en Lisboa -traballo no Instituto Español “Giner de los Ríos”-, sigo moi de preto o abalar e devalar desta “Marea de Noia” e considero que é a única alternativa que abre portas á participación directa da cidadanía.

Miguel Mayán "estou farto de que os políticos non miren pola xente do común"

miki

Ola, son Miguel Mayán Martínez veciño de Eiroa e teño 29 anos.  Despois de facer un pouco de todo e ter rematados dous ciclos, na  actualidade son monitor de tempo libre e estou estudando Educación Infantil, xa que coa crise actual son un de tantos mozos que non atopa un traballo digno  e continúan formándose na búsqueda dun futuro mellor.