Antonio Barral: " quero loitar pola ría"
Moi boas, son Antonio Barral e teño 53 anos. Traballo como xefe de produción dunha empresa de dragados.
Dende a miña experiencia no mundo do mar, aposto firmemente pola nosa ría como futuro da nosa vila. Podemos recuperar espazos produtivos tal e como se está facendo noutros puntos do planeta.
Vendo que os partidos políticos que están no noso concello non queren chegar a acordos neste tema tan importante, aposto pola Marea como garantía do interese xeral e do ben común.
Quero que os meus fillos e os meus netos poidan ter acceso ao traballo e vivir no pobo!