A Marea de Noia insta ao goberno a cubrir prazas da Policía Local vacantes.

Vaga de roubos

Logo da última vaga de roubos na vila, dende o escaparate de Noia Histórica, unha panadería da vila, varias tendas da Alameda e varios vehículos estacionados na Rúa Xuíz Falcone. A Marea solicítalle ao goberno que dez meses despois de aprobar a moción para cubrir as prazas vacantes da Policía Local se materialice, xa que insisten “ coa seguridade non se xoga”.

Insiste en que non hai quendas nocturnas da Policía Local mais que en días sinalados, xa que non hai axentes dispoñibles.

A Marea de Noia pide rigor e seriedade na xestión do aparcadoiro de Noia.

O Goberno de Noia paga ao ano 2.500 euros de aluguer de cinco prazas de garaxe para vehículos do Concello . O curioso é que no mes de abril 6 aprobouse a Ordenanza que regula a utilización do aparcadoiro da Rúa Xuíz Falcone, que está actualmente en vigor, na cal o Concello de Noia ten reservadas oito prazas de garaxe para vehículos de titularidade municipal.

Pleno de agosto, parte 3. Primeira medida de transparencia da Marea.

transparencia

A moción presentada polo grupo municipal do BNG foi apoioada por todos os membros, logo de enmendar os dous puntos da mesma e engadir a Marea outro punto aos acordoss. A moción pedía que se seguirá na liña de da programación festiva dos últimos anos, incluíndo na programación actuacións de estilos diversos e dando certo protagonismo a bandas galegas e da localidade e solicitaba que o

Pleno de agosto, parte 2

concello

A elección de representantes da Corporación na Asamblea da Mancomunidade da Serra do Barbanza e a elección de representantes da Corporación no patronato da Fundación Romero Blanco-Monroy Francisco foron aprobadas coa abstención da Marea, e a segunda tamén coa do PP.  A Asamblea da Mancomunidade da Serra do Barbanza quedará representada por : Alcalde, un membro do PP, un membro da Marea cidadá de Noia e a concelleira do BNG. Os membros no patronato da Fundación Romero Blanco-Monroy Francisco serán: o Alcalde, un membro do PP, un membro da Marea Cidadá de Noia e un membro do grupo NOIA.

Pleno de agosto, parte 1

colexio felipe de castro

O Pleno ordinario do 6 de Agosto deste xoves tivo unha duración de case catro horas, entre outras cousas, propiadas polo debate constante entre o PP e o PSOE, que en moitas ocasión non tiñan que ver coa orde do día do pleno.  Este son os primeiros puntos que se debateron no pleno.

A Marea Cidadá de Noia solicitará que se publiquen as contas do Concello

Este luns a Marea Cidadá de Noia presentou unha Moción de Transparencia das Contas Públicas para o Pleno convocado para este xoves día 6 de agosto.

O Grupo Municipal sinala que “a transparencia debe ser un dos eixos fundamentais na xestión diaria dun concello e os cidadáns deben coñecer en que e como se gastan os cartos públicos”, propoñen a publicación periódica dos gastos que se levan a cabo dende a administración local.

A Marea de Noia solicita a eliminación da zona de aparcamento para coches oficiais

aparcamento

Propoñen crear tres prazas de aparcamento para persoas con mobilidade reducida e unha ordinaria

A Marea Cidadá de Noia presentará unha solicitude no rexistro do Concello de Noia para que se elimine a zona de aparcamento de coches oficiais, situada fronte ao consistorio municipal. Consideran que a igualdade debe de ser a bandeira pola que se debe rexer a xestión municipal. Actualmente son os concelleiros delegados de goberno os que fan uso deste aparcadoiro.