A Marea de Noia leva ao Pleno a memoria de Bríxida Quintáns

Cabeceira

A Marea Cidadá de Noia presenta unha moción para renomear o Malecón de San Lázaro co nome de Bríxida Quintáns.

Dende a Marea Cidadá de Noia vimos de presentar unha moción instando ao pleno a recoñecer á persoa de Bríxida Quintáns, propoñendo cambiar o nome do actual Malecón de San Lázaro polo de Malecón Bríxida Quintáns.

A Marea de Noia insiste na necesidade da inclusión de Noia na Área do Transporte Metropolitano de Compostela

Estación de autobuses de Noia.

A Marea de Noia quere que se executen os acordos adoptados por unanimidade, tanto no Parlamento Galego, a proposta de En Marea como no Pleno Municipal de  Noia, na que instaban ao goberno da Xunta de Galicia a que se incluíra Noia nesta rede de transporte metropolitano, que abarataría custes nos desplazamentos a Santiago de Compostela e permitiría unhas mellores conexións coa capital de Galicia.

A Marea de Noia insta a Santiago Freire a que presente o estudo sobre as alternativas á xestión do Aparcadoiro Xuíz Falcone

Aparcadoiro Xuiz Falcone

Marea recórdalle ao executivo local de Noia que se ten aprobado en sesión plenaria unha moción na cal o executivo ten a obriga de encargar un estudo sobre os distintos modelos de xestión do aparcadoiro. Esta iniciativa foi aprobada no mes de abril e de momento o alcalde de Noia, Santiago Freire, non presentou as conclusións deste estudo.

Dende a Marea recordan que hai 2.000 sinaturas de noiesas e noieses que teñen solicitado un cambio no modelo de explotación, que esta fracasado e que non corresponde cun aproveitamento útil do espazo.

O PLENO DE NOIA DEBATIRÁ SOBRE A NECESIDADE DA CREACIÓN DUN CENTRO DE DÍA EN NOIA.

A proposta presentada pola Marea ten como obxectivo iniciar os trámites para que o Concello encargue un proxecto para dotar a Noia dun servizo diúrno de atención ás persoas maiores.

Noia é unha vila que conta con máis de 3.500 persoas maiores de 65 anos no seu censo poboacional, polo que urxen equipamento que ofrezan coidados para esta parte importante da poboación. Noia é un dos poucos concellos de toda a comarca que non conta con este servizo, polo que usuarios noieses teñen que desprazarse a Lousame ou Outes que dispoñen deste servizo.