A MAREA DE NOIA POR UNHA VILA CON OPORTUNIDADES.
A Marea Cidadá de Noia vimos de facer público o noso programa electoral, no cal insistimos na integración do noso Concello na Área de Transporte Metropolitano de Santiago .
No apartado “Unha Vila con oportunidades”, a Marea Cidadá de Noia vimos de facer fincapé na que xa fora unha das nosas reivindicacións máis importantes ao longo deste mandato: a inclusión de Noia no Área de Transporte Metropolitano de Santiago.