Escoitando facemos a Marea I

O pasado xoves o grupo de deportes da Marea Cidadá de Noia reuníuse cunha boa parte dos clubs deportivos da vila co fin de escoitar propostas e as necesidades de cada club.

Un dos problemas xerais que comentaron foi o reparto das horas, xa que son insuficientes para a cantidade de demanda que hai para horas de entreno e deficiencias en algunha que outra instalación deportiva.

Xuntanzas cos axentes sociais.

A Marea Cidadá de Noia xa tivo encontros con diferentes axentes sociais da localidade. A primeira en recibir a Marea foi a asistencia técnica da Confradía de Noia quen comentou os diferentes problemas que ten o medio mariño no referente a contaminación das augas.

Os membros do Grupo da Ría da Marea Cidadá puideron coñecer de primeira man a pronunciada elevación dos contaminantes sólidos e biolóxicos, produto da contaminación humana.

Manolo Seijas elixido candidato da Marea Cidadá de Noia.

manolo

Na tarde de onte celebráronse as primeiras primarias abertas a cidadanía da historia  do Concello de Noia, nas que podía participar calquera persoa empadroada en Noia maior de 16 anos

O polítólogo Manolo Seijas acadou 80 dos 83 votos emitidos polo que quedou proclamado candidato da Marea Cidadá de Noia ás eleccións do 24 de maio.

Seijas insisitíu en que “ a elección de candidato é un trámite que hai que levar a cabo, mais o importante é o grupo que temos que construír, esa será a verdadeira forza da Marea

Proclamación das candidaturas ás primarias

votacion

Unha vez rematado o prazo de presentación de candidaturas para encabezar a lista que a Marea Cidadá de Noia vai a presentar as eleccións do 24 de Maio, son dúas persoas as que mostraron interese por encabezar este proxecto.

As dúas persoas das que sairá o candidato/a á alcaldía de Noia na votación do próximo Domingo 22 de Febreiro, son Manolo Seijas e Patricia Piñeiro.

Na Asemblea celebrada este sábado no edificio do antiguo matadoiro estas dúas persoas xa mostraron o seu interese en encabezar a candidatura da Marea Cidadá de Noia.

Asemblea aberta este sábado ás 19:30

asemblea

Este sábado ás 19:30 no antigo matadoiro da rúa Espirito Santo, coa seguinte orde do día.     

  • Posta en marcha dos grupos de traballo: constitución e obxetivos.    
  • Información sobre o proceso de primarias.    
  • Suxerencias e propostas para o proceso.    

Participa nas primarias abertas á cidadanía

primarias

A Marea Cidadá de Noia segue o seu camiño, o seguinte paso é a presentación de candidaturas para encabezar a lista que a Marea presentará o vindeiro mes de maio, e será no primeiro proceso de primarias abertas a cidadanía que se dá na vila de Noia nos corenta anos de democracia.

Participa nos grupos de traballo!

participa

Logo do éxito da  primeira asemblea en canto a asistencia e participación, a Marea Cidadá de Noia inicia o seu camiño . O primeiro será a creación de grupos de traballo sectorais nos que as persoas que desexen participar no proxecto se poderán anotar a través das redes sociais, páxina web ou con unha posta en contacto cos membros da nova forza.

En Noia hai alternativa!

cartaz marea

A Marea Cidadá de Noia constitúese este sábado ás 19:00 no antigo matadoiro do Espirito Santo nunha presentación pública á que invitan a participar a todo o mundo, xa que a única alternativa a esta política de recortes e de sufrimento é a unión da xente que está a padecer a crise.