A MAREA DE NOIA ORGANIZA UN MAGOSTO FEMINISTA
A Marea Cidadá de Noia ten organizado para o próximo 23 de novembro dúas actividades simultáneas na Rúa do Curro. O xa tradicional magosto irá acompañado, este ano, dun contacontos feminista.
A Marea Cidadá organiza, por un ano máis, un Magosto na Vila de Noia. Este ano, o lugar escollido para a actividade será a Rúa do Curro. A actividade, que comezará ás 18.00h, contará con castañas asadas de balde, música e xogos populares.