A visita do Conselleiro de Educación carece de ética algunha

colexio felipe de castro

A Marea Cidadá de Noia considera carente de toda ética o comportamento do Conselleiro de Educación na súa visita ó colexio Felipe de Castro

Na súa valoración da visita do conselleiro de Educación, Román Rodriguez, ás instalacións do colexio Felipe de Castro, a Marea Cidadá de Noia calificou de "carente de toda ética" e de "exercicio de cinismo" o feito de que o conselleiro se achegue a Noia en plena campaña electoral a prometer a acometida de obras no centro educativo, unha demanda da ANPA que leva desatendida moitos anos.

Manifestan tamén a súa sorpresa polo cambio de actitude do candidato á alcaldía, Santiago Freire, quen "mentres foi deputado non moveu un dedo por adecentar o colexio e sen embargo agora amósase interesadísimo en levar a cabo as obras".

A Marea Cidadá de Noia cre que este tipo de comportamentos deben ser desterrados da vida política e considera que quen así actúa está a tomar por bobos ós veciños.

Extenderon tamén as súas críticas ó actual grupo de goberno da vila, composto por PSOE, BNG e NO.I.A., que tendo a competencia para o mantemento do centro, preferíu deixalo no abandono.

Recoñecen sen embargo que as obras de amelloramento das instalacións non só son necesarias senón tamén urxentes, polo que acollen con satisfacción a medida