Resolución da asemblea da Marea Cidadá de Noia

A Marea Cidadá de Noia non entrará a formar parte do goberno do executivo noiés pero facilitará unha alcaldía do Partido Socialista, sempre que se cumpran as seguintes condicións.

1.     O 20% do gasto en investimento anual será para recuperar o mar de Noia.

2.     Creación dun departamento de turismo para o dinamismo deste sector durante o primeiro ano de mandato.

3.     Publicación, antes dun ano, das contas municipais a través da páxina web priorizando un portal de transparencia no que xa incluirán as contas do último curso político. 

4.     As adxudicacións maiores de 10.000€ pasarán, desde o minuto cero deste mandato, por unha mesa de contratación, salvo previa xustificación de urxencia nunha comisión.

5.     Non se permitirá un gasto superior a 54.343,4€ anuais en dedicacións exclusivas e estas sempre lle corresponderán ao partido do alcalde. Desaparecerán totalmente as asesorías.

6.     Noia, vila libre maltrato animal e de agresións ao medio ambiente. Nin animais abandonados nin cartos publicos para as touradas

7.     Subtitución da Feira de abril por unha feira intercultural.

8.     Revisión de todos aqueles procesos de emprego público do concello que non se levasen a cabo acolléndose aos principios de mérito, capacidade e igualdade e traballar nese sentido no futuro.

9.     Creación das medidas públicas a prol do fomento da conciliación.

10.   Garantir que calquera persoa teña cubertas todas as súas necesidades básicas (vivenda, luz, auga, comida…)

Cláusula 1: De non se aceptar este decálogo por parte do PSOE, convocarase unha asemblea extraordinaria na que se decida se os mínimos propostos son sufientes para investir ao novo candidato.

Cláusula 2: De non triunfar unha alcaldía do PSOE, votarémonos a nós mesmos no pleno de investidura.

Cláusula 3: Este acordo será público unha vez emitida a votación.

Cláusula 4. En caso de incumprimento das medidas, procederase á convocatoria da asemblea para determinar as posibles consecuencias.