A Marea Cidadá de Noia aproba o seu Código Ético para devolverlle a confianza á cidadanía.

A Marea Cidadá de Noia aprobou o Código Ético que asinarán os membros da candidatura que concorrerá as eleccións do 24 de maio en Noia e que ten previsto aprobar o vindeiro venres 17 de abril nunha asemblea aberta. Os membros da candidatura comprometéranse así a cumprir o decálogo nos que destacan os conceptos de transparencia, participación cidadá, igualdade e defensa dos servizos públicos.

Outro dos seus compromisos é rendir contas ante a cidadanía e facer escoita activa en decisión importantes. Os cargos electos que perciban algunha retribución deberán publicalas na web da Marea Cidadá no apartado de contabilidade.

O texto está inspirado en movementos cidadás como Marea Átlantica, Compostela Aberta e Guanyem Barcelona, adaptado as necesidades de Noia.

A Marea de Noia quere devolverlle con este código de conduta a confianza a xente na política e poner as institucións ao seu servizo non ao servizo dos propios políticos e familias como ata o de agora.