Asemblea para decidir a posición da Marea no pleno de investidura

O vindeiro domingo 31 de maio ás 18;30 terá lugar, no antigo matadoiro do Espírito Santo, a asemblea que decidirá a posición da Marea Cidadá de Noia no pleno de investidura. Fican convocadas con voz e voto as seguintes persoas conforme ao regulamento da Marea.:

· Persoas que participaran no proceso de primarias.

· Membros da candidatura da Marea. 

· Persoas que aceptaran o manifesto e os principios da Marea antes do sábado 23 ás 00:00

· Persoas que colaboraran ao longo da campaña coa Marea Cidadá.